9 jun 2011

Jugadores de leyenda II Un crack Bohemio


Queridos lectores deste  blog antes de empezar con este articulo quería dar as grazas polas visitas recibidas. Desde a miña humilde opinión nunca pensei que chegaran a ser  tantas!! bueno e centrándonos no tema, este mes toca falar de un home que puido reinar o fútbol mundial!!O seu nome: Jorge Alberto González Barillas. Mais coñecido como Máxico Gonzalez!!
A verda e que Máxico nunca fixo o suor a súa bandeirola, como Alfredo Di Stéfano, non xogaba o ritmo de samba como Pelé, nin nunca foi ese barrilete  capaz de facer o imposible posible , como Maradona. El era outra cousa. O seu fútbol era intermitente, improvisado, artístico,anárquico, fantasioso...... vamos pura maxia!
A  verda nunca se preocupou por esforzarse en progresar nin no que a xente falara de el! Pasou a vida pegado a unha botella, durmindo sestas interminables, acurrucado nos brazos de algunha muller e levantando o carranza a base de "rabonas".Era un xogador  fino, con clase, facía controles imposibles, era capaz de regatear a cantos lle saía o paso e tiña un toque que levantaba ovacións en todo estadio que  pisaba(bueno cando quería claro) jejeje


Alternaba actuacións espectaculares con resacas interminables. Máxico xogaba de noite e tamén de dia,Tanto regalaba un dia un gol de córner directo como pasaba dous dias en paradeiro descoñecido,tanto acababa con todas as existencias de alcohol dun local como o dia seguinte.....(despois de que os compañeiros lles deran unha ducha de agua fría claro)  xogaba un partido e marcaba 3 goles. Máxico era un espírito libre amante da noite, da juerga e da festa.... como decia el "A miña obsesión foi sempre pasalo ben. quixen ser feliz sín pisotear a ninguén"E non pisoteu  a ninguén.... Foi, por encima de todo feliz!! Era feliz dentro do campo de fútbol, era feliz facendo goles de dibuxos animados, e era feliz nesas noites que parecía que non tiñan fin, mentres caia borracho perdido na barra de calquer bar de estrada...... El era así. Vivía no alambre. xogaba por pracer, era impredecible.
Hai moitas lendas sobre "O mago", pero seguramente David vidal e actor principal en moitas delas, a el tocoulle a difícil labor de coidar que non se durmira no vestiario e que viñera a cada entrenamento, vamos en definitiva de aguantalo. Nun partido no que máxico estaba castigado no banquete polas súas continuas ausencias inxustificadas David Vidal chegou o vestiario botou un vistazo os xogadores e veuno alí nun recuncho apartado, no cal estaban clavadas as miradas de tódolos seus compañeiros. Como dixo vidal "Mirábao e non podía crelo. Estaba facendo toques cun paquete de tabaco(Marlboro). Puido facer 20 ó 30. Nos quedamos mirándolle e era impresionante . Una laranxa e redonda, pero un paquete de tabaco e rectangular algo asombroso"
Colgou as botas e dedicouse en corpo e alma  a almoada, como dixo el: "Respetei o  fútbol pero non me respetei a min". pero sobre máxico sempre quedara na historia como un xogador de lenda e o mellor xogador que vestiu a camiseta do Cádiz.
Na actualidade Vive en estado de semi-mendicidade, derrochou a  súa fortuna en alcohol y mulleres, non se arrepinte de facelo e ten un negocio en perspectiva........ "Oxala fora  capaz de abrir  un prostíbulo. Con iso gañaría moito  diñeiro no meu país". Así e Máxico. . Máxico forma parte da historia do fútbol. Foi o  home que puido reinar Pero nunca lle interesou. Era un espírito libre. O fútbol  haberíao coronado Rey. El, non quixo. Realmente Máxico foi  un crack bohemio. Era capaz de darlle mais de cen toques seguidos a unha mandarina co pe , pero era incapaz gobernar a súa vida

sin mais deixovos un  video po voso disfrute. un cordial saudo


Entradas populares