Niño do Corvo - O niño do Miño



LOCALIZACION:

No km 53,7 da PO-552, que une Tui coa Guarda, collemos o desvío pola EP-3302 en dirección a O Rosal (tamén hai indicacións cara a Niño do Corvo e os Muíños do Folón).

ALTIMETRIA:

FONTES:

Sen fontes coñecidas

 DESCRIPCION

Seguiremos pola citada EP-3302 durante o primeiro quilómetro, ata chegar ao desvío á man dereita sinalizado como Niño do Corvo, que nos levará ata o cume.

Empeza  bastante cómodo, collendo ritmo sen problema. Os primeiros quilómetros déixanse facer. Métendose no monte e cando empezan o porto de verdade  cunha rampas que chegan o 21% pa porte no teu sitio.

Despois Chega o falso chan longo, con algún descanso e mesmo pequenas baixadas. Aquí é fácil deixarse levar e gastar máis do que deberías, pero e mellor gardar algo, porque isto aínda non empezou de verdade.

E dito e feito… a partir da segunda ferradura, cambia completamente.

Os últimos 2 km son os que marcan a subida: máis do 10% de media e ramplas que se van ata o 16%. Aquí xa non hai onde esconderse. As rectas fanse eternas, desas que parecen non rematar nunca.

É unha subida que xa me ten avisado: comeza amable, pero acaba esixindo todo. Curta, intensa e desas que, aínda coñecéndoa, sempre me fai apertar os dentes ata arriba  

 MAPA

                                                                                VIDEOS






FOTOS







0/Post a Comment/Comments