Na estrada PO-400, que une Salvaterra do Miño con Filgueira e discorre paralela ao río Miño, aproximadamente no quilómetro 19, xa no concello de Arbo, tómase un desvío á esquerda en dirección a Cabeiras pola PO-5201.
BALANCE
Varias fontes. Faltanlle kmVistas top. Asfalto regular
FONTES
Arriba de todo na capela ten unha fonte algo pouco comun e de agradecer.
segun por onde subas:
Vertente de Cabeiras: 1 fonte no km 2,4 (zona de Espedregada), aínda que non resulta moi axeitada para parar.
Vertente da Rocha: 1 fonte a uns 3 km do inicio da subida.
Vertente das Laxes: sen información dispoñible sobre puntos de auga.
DESCRICIÓN
Trátase dunha estrada estreita, agás no tramo inicial pola PO-5201, cun firme irregular na maior parte do percorrido, aínda que perfectamente ciclable.
O tráfico é moi escaso, o que permite gozar dunha subida tranquila.
Hai sombra por tramos, aínda que alterna con zonas abertas nas que o sol pode pegar con forza. Ao tratarse dunha área elevada e exposta, o vento tamén pode ser un factor a ter en conta durante a ascensión.
Existen tres vertentes principais que conflúen nun punto común en Vilar, desde onde comparten o tramo final ata a cima:
A de Cabeiras é a máis habitual e tamén a máis dura.
A da Rocha presenta un perfil algo máis irregular.
A das Laxes é a máis longa, pero cunha pendente máis sostida e levadeira.
Este porto ten case todo petadas uns falsos chans e unhas vistas moi top con fonte do cumio.
Un dos puntos negativos deste porto é que o asfaltado non continúa ata a zona dos aeroxeradores. De estar pavimentado ese tramo final, estariamos ante unha subida de gran entidade, perfectamente comparable ás que se poden atopar en probas como o Tour ou o Giro.
MAPA
VIDEOS
FOTOS















Publicar un comentario