FILLAPORTOS
A Fillanota non pretende ser unha clasificación absoluta nin unha verdade universal. Cada ciclista vive un porto dun xeito diferente: o estado de forma, o tempo, a compañía ou incluso o momento poden cambiar completamente a experiencia.
Esta puntuación é, simplemente, a miña valoración persoal despois de subir cada porto. Á hora de puntuar non só teño en conta a dureza, senón tamén aqueles aspectos que, para min, fan que unha ascensión sexa realmente especial.
Os criterios que máis valoro son, por esta orde: a paisaxe, a identidade propia do porto, o seu cumio ou algún elemento emblemático, a dureza, a presenza de fontes e servizos, o estado do asfalto, o tráfico, o trazado da estrada e a calidade do descenso.
Ao final, un Fillaporto non é só unha estrada que sobe. É unha experiencia que queda na memoria moito despois de baixar da bicicleta.
Publicar un comentario