15 jun 2020

Clasificacions de portos, para strava


Como sabedes en  Strava,  existen moitos segmentos que  corresponden con subidas coñecidas na nosa comarca como portos miticos de  montaña. Cada segmento de subida, con certo nivel de dificultade sole ir acompañado de cun  numero roxo, clasificando en 4 categorias en orden crecente de dificultade:

 4-3-2-1-HC, dónde HC e "Hors Categorie". Non poucas foron as  discusions de bar no noso  grupo ciclista, con temas do tipo "o monte aloia e como moito de 2°". 

A Realidad e, que Strava usa o seu propio algoritmo interno pa establecer as suas clasificacions.

Collen 3  parámetros básicos: 
-Lonxitude do porto.
-Pendente media.
- Ascenso acumulado.
Eso si,  pa ser  clasificado  como subida, ten que ter unha pendente  media superior o 3%.

Así que se creades  un segmento en Strava, dunha subida con mais de 10kms, pero cunha pendente media inferior al 3%, non aparecera ningún numeriño  roxo clasificatorio nesa ascensión.

¿Cómo establece o seu método Strava?

Pois multiplica a lonxitude en metros do porto pola pendente media que ten.

Exemplo. O monte aloia:


Mide 8.260 mts de lonxitude. Ten unha pendente media do 7%.
Valor numérico Strava = 8.260x 7= 57820




¿E qué fai Strava con ese número? O que chamaremos CS = Coeficiente Strava. Pois establece unha clasificación moi sinxela:

PORTOS DE 3ª CATEGORÍA.     CS> 16.000

PORTOS DE 2ª CATEGORÍA.     CS> 32.000

PORTOS DE 1ª CATEGORÍA.     CS> 64.000

PORTOSS DE HC. HORS CAT.     CS> 80.000

 Como referencia rapida podemos coller estes valores:

> 160 mts desnivel. Categoría 3
> 320 mts desnivel. Categoría 2
> 640 mts desnivel. Categoría 1
> 800 mts desnivel. HC


¿Hai portos de 4ª categoría? O criterio mínimo que establece Strava pa que un "repeito" entre na 4ª categoría e que CS > 8.000.


Entradas populares