11 jul 2020

10 anos de Bebe sen sede


Hoxe pódese dicir que e un dia agro doce, agreo porque hoxe xa estariamos cun par de partidos o lombo e contando batalliñas,(que  si marcaches ti, que caño che fixeron, que gol fallaches....) eses tipo de historias que dan moita vida no  terceiro tempo. 
Pero a situación que vivimos a nivel global  non nos deixa facelo con esas  persoas, que me tomo o atrevemento a chamar amigos. 
Hoxe cúmparese 10 anos do noso premer torneo co nome de bebesensede, inda me acordo desas duras negociacións con samu e vander intentando fichar a peza clave deste equipo, esa persoa que sin el isto solo seria unha idea dun bello soñador, e o que fixo de punto de unión,  a este proxecto de amigos. 
  • Tamén me gustaría recordar  eses pre-BSS, eses "HDC" e "Talleres Mingos", con grandes historias e numerosas adedoctas

Gustaríame nombrar a tod@s  que xogaron ca amarela, e agradecer que quixeran formar parte desta familia, pero como a miña memoria e un desastre e non me perdoaría deixar ninguén atrás nono fago , solo dicirvos GRAZAS DE CORAZÓN.

    Moi moito lle entras na contraportada desde que estas en EEUU
  • Tamén agradecer a esas persoas que viron o blog   pareceme unha locura po caso que se lle fai.
  • Tamen agradecer a todos que foches deviaxe e vos quitachedes unha foto ca camisola 


Sin mais so espero que veñan tempos mellores, e poidamos compartilos xuntos. 
Que teñades saude ,disfrutar da vida  e Intentar ser o mais felices posible , que a vida e moi corta pa andar polas ramas. 



15 jun 2020

Clasificacions de portos, para strava


Como sabedes en  Strava,  existen moitos segmentos que  corresponden con subidas coñecidas na nosa comarca como portos miticos de  montaña. Cada segmento de subida, con certo nivel de dificultade sole ir acompañado de cun  numero roxo, clasificando en 4 categorias en orden crecente de dificultade:

 4-3-2-1-HC, dónde HC e "Hors Categorie". Non poucas foron as  discusions de bar no noso  grupo ciclista, con temas do tipo "o monte aloia e como moito de 2°". 

A Realidad e, que Strava usa o seu propio algoritmo interno pa establecer as suas clasificacions.

Collen 3  parámetros básicos: 
-Lonxitude do porto.
-Pendente media.
- Ascenso acumulado.
Eso si,  pa ser  clasificado  como subida, ten que ter unha pendente  media superior o 3%.

Así que se creades  un segmento en Strava, dunha subida con mais de 10kms, pero cunha pendente media inferior al 3%, non aparecera ningún numeriño  roxo clasificatorio nesa ascensión.

¿Cómo establece o seu método Strava?

Pois multiplica a lonxitude en metros do porto pola pendente media que ten.

Exemplo. O monte aloia:


Mide 8.260 mts de lonxitude. Ten unha pendente media do 7%.
Valor numérico Strava = 8.260x 7= 57820




¿E qué fai Strava con ese número? O que chamaremos CS = Coeficiente Strava. Pois establece unha clasificación moi sinxela:

PORTOS DE 3ª CATEGORÍA.     CS> 16.000

PORTOS DE 2ª CATEGORÍA.     CS> 32.000

PORTOS DE 1ª CATEGORÍA.     CS> 64.000

PORTOSS DE HC. HORS CAT.     CS> 80.000

 Como referencia rapida podemos coller estes valores:

> 160 mts desnivel. Categoría 3
> 320 mts desnivel. Categoría 2
> 640 mts desnivel. Categoría 1
> 800 mts desnivel. HC


¿Hai portos de 4ª categoría? O criterio mínimo que establece Strava pa que un "repeito" entre na 4ª categoría e que CS > 8.000.


27 may 2020

Reflexions de nON Bar


Primeiramente non esperedes unha grande narracion, non deixo de ser un simple home, que nesta epoca onde o covid -19 fixo cambiar o noso estilo  de vida deulle por intentar plasmar uns simples pensamentos que me rondan pola cabeza.
Levo tempo onde cada dia faime mais graza a xente que critica os nosos politicos, a min faime graza porque desde a miña opinion, son todos igual de malos.
Pero non lle voto a culpa  a nosa clase politica, creo que eles non deixan de ser un reflexo da nosa sociedade . Se son ladrons e porque a sociedade e ladroa, se non teñen principios nin moral, e porque a sociedad non a ten, se non teñen valores nin respecto e porque a sociedade..... bueno xa sabedes non?
O que mais graza me fai e que a xente pelease como verdadeiros forofos polos politicos, solo polo color ou simbolo, se son de dereitas ou izquierdas( unha diferenciacion que me agota profundamente) da igual o que fagan ou digan, defenden cousas moralmente indefensibles a calquer prezo.
Como e posible que non se poda plasmar a tua opinión, sen menospreciar o rival? Asumir os teus erros non deixa  de ser un atributo de intelixencia, e  defenderte ou intentar apartar a atencion intentando desacreditar o rival pareceme rastreiro, non hai un minimo de autocritica, tal como nos fan ver os medios de comunicacion.
Que por outro lado estan totalmente dirixidos, ten que ser triste desempeñar a  profesion intentando coacionar o que escoita.  Como podedes dar unha noticia  manipulando  segun conveniencia , de verdade non tedes  un pouco de decencia profesional?
Podo pasar que  cando temos menos esperiencia ou somos algo inverves na vida seamos un pouco mais influenciables, pero cos anos deberiamos aprender e evolucionar, quero pensar hacia un ser mais sabio e menos manipulable.
A verdade e que nadie fai todo ben, nin nadie todo mal, como deciame meu avo cando era un cativo e quedoume grabado na cachola: "ata do home mais burro podes aprender algo".
 O problema desde o meu punto de vista  somos NOS, ou o que queren eles que sexamos, uns titeres no seu xogo de trileiros. Mentras o sistema educactivo e os pais  non axuden a "educar" os nenos, e non o digo tanto polos coñecementos que esta moi ben, digo mais ben pola parte mais basica,  ser honrados,  respectar as persoas , ser xusto, ser tolerante e verse sempre na posicion do outro, guiarnos pola verdade, ter conciencia, en definitiva ter uns valores., que o final non deixan de ser de sentidiño comun.
Dame a sensacion de que pensamos que somos os reis do planeta, que todo vale pa chegar a nosa meta,  se polo camiño pisoteamos, destruimos ou engañamos, da igual.... o importante e a meta, custe o que custe.
Se seguimos asi  estaremos abocados a un planeta cada vez mais pobre en todos os sentidos.
Cada dia que pasa voume  convencendo que o verdadeiro virus de este planeta non e o covid, somos o ser humano.

25 ene 2020

5 culote de ciclismo para salidas largas

Desde bebesensede recomendamos estes 5 mallots por menos de 150e para tiradas de mas de 4 horas

1-Culote Assos Mille GT

2 culote etxeondo orhi

3castelli free aero race 4



4- CULOTTE HOMBRE CORTO GRAVITY K12

5-GORE WEAR C5 GORE TEX INFINIUM

Entradas populares