En junio estamos de aniversario… ¡e non un calquera! Cumprimos 15 anos desde que naceu esta tolemia chamada Bebesensede, e por iso, cada día deste mes haberá algunha cousiña especial para lembrar, rir e celebrar como merecemos.
Porque dende o primeiro día tiven claro que isto non ía de gañar partidos, senón de gañar recordos. De compartir cervexas, anécdotas e momentos que quedan para sempre. De rir ata chorar e de celebrar mesmo sen motivo.
Bebesensede é máis ca un nome raro, é unha maneira de vivir. Un equipo? Si. Unha familia? Tamén. Unha desculpa para quedar e seguir sendo quen sempre fomos? Sobre todo iso.
E agora, despois de 15 anos, toca aceptar que todo ten un comezo… e tamén un final. Chegou o momento de dar un paso ao lado, de deixar os torneos e abrirlle o camiño aos que veñen detrás con forza e ganas. Porque tamén é bonito saber cando rematar, e facelo coa cabeza alta e o corazón cheo.
Nestes 15 anos igual non levamos moitas copas (máis aló das que se beben), pero si levamos o peito ateigado de historias que non caben nin en tres posts.
Así que, de corazón, grazas a todos os que formastes, formades e formaredes parte disto. Porque mentres haxa sede… seguirá habendo Bebesensede. Aínda que sexa dende a bancada, coa birra na man e un sorriso na cara.
Att. o capi
