5 mar 2013
Novo Balaidos pa o 2026?
E porque non podemos soñar con que a candidatura ibérica se volva presentar pa ser organizador do mundial de 2026! se fora ese o caso seria unha oportunidade inmellorable pa que se remodelase balaidos.
Candidatura Ibérica
Balaídos tería unha capacidade de 42.300 espectadores, e de ir adiante a candidatura Hispano/Portuguesa pa albergar o mundial de 2026 , seria o momento pa que o concello de Vigo aproveitase a oportunidade para remodelar o estadio coa axuda financeira da Xunta e do goberno central.pero sexamos realistas tal como esta a crise se non ven o mundial balaidos ficara como esta.
"Video estadios candidactura iberica"
O proxecto
O novo estadio surxiria dunha completa remodelación de Balaídos, xa que a FIFA esixe, entre outras moitas cousas, que teña una capacidade superior a 40.000 persoas.
Iría se construíndo en fases mediante o uso de módulos prefabricados, o que permitiría que o campo estíbese operativo durante os 4 anos de construción. As diferentes bancadas se poderían acoplar o desacoplar en función dos espectadores, e dicir, tralo Mundial podería reducirse a súa capacidade para encaixalo o aforo que soe asistir na liga. Sería o primeiro destas características en España, e en Europa solo se pode encontrar algo igual en Francia e Alemaña. A bancada inferior tería una capacidade para 19.000 espectadores,o intermedio de 2.000 (sería a zona VIP) e o superior mais de 20.000. En total, 42.300 asentos baixo cuberta, entre os que se encontran 7.000 destinados os medios de comunicación.Os diferentes vomitorios permitirían que estivese desaloxado en menos de 6 minutos.
O proxecto contempla un aparcamento subterráneo de 2.000 prazas, ademais, zonas comercia les e de lecer nos seus baixos, incluso se ampliarían as instalacións deportivas que actualmente conta. O entorno de Balaídos tamén sería remodelado, en concreto, o río Lagares sería canalizado para que as súas aguas perfilen o estadio. A agua da chuvia sería utilizada para regar o campo, que tamén tería placas fotovoltaicas para aforrar enerxía.
O seu deseño permitiría crear o “efecto bombonera”, e dicir, que o ruído se concentre dentro para o gozo da aflición e a tranquilidade dos veciños da zona.
As características que tería o novo Balaídos permitirían que se puidese xogar ata semifinais.
Mais de 100 millóns
O orzamento e de 123 millóns de euros, dos cales, 104 serían para remodelar o propio estadio y 19 para mellorar o entorno. A proposta e que o financie o Estado, a Xunta, a Deputación “e en menor medida o Concello”.
Un equipo vinte enxeñeiros e arquitectos de Idom traballaron no proxecto. Eles son os autores do novo San Mamés (con 55.000 espectadores) e Pasarón (12.000).
Hay outros proxectos que non me gustaria deixar atras, porque considero que nunca se deven levar a cabo por ser realmente horrosos baixo o meu punto de vista.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario